Rizoma Lemos impulsa un novo espazo de coworking en Monforte

A iniciativa da Asociación Cultural Rizoma Lemos pretende fortalecer o emprendemento creativo e a colaboración na Ribeira Sacra.

A Asociación Cultural Rizoma Lemos presentou o seu novo espazo de coworking na Avenida de Galicia, unha proposta que nace para impulsar o emprendemento e a creación cultural en Monforte. O local está concibido como un punto de encontro no que profesionais e creadoras poidan compartir recursos, colaborar en proxectos e desenvolver novas ideas nun ambiente común.
A iniciativa vai máis aló da cesión de postos de traballo. Rizoma Lemos quere consolidar unha comunidade activa, con actividades formativas e espazos de intercambio destinados a reforzar as capacidades das súas socias e socios. O proxecto aposta por conectar industrias culturais, entidades sociais e artistas co fin de xerar sinerxías que dean lugar a novas oportunidades económicas e culturais na comarca.
Un dos seus obxectivos é a creación dun ecosistema creativo estable, capaz de dinamizar a vida cultural de Monforte e contribuír ao fortalecemento do tecido profesional ligado á Ribeira Sacra. A entidade aspira a ser un referente para quen busque un espazo colaborativo desde o que emprender e xerar proxectos de impacto local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Semente Ribeira Sacra reforza o apoio a emprendedores co Bono de Asesoramento

Seguinte Nova

A Feira do Viño de Chantada reúne milleiros de visitantes no día do pregón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss