O encontro da Biblioteca Universitaria de Pisa converteu este espazo académico nun punto de reflexión sobre a cultura, a investigación e o pensamiento contemporáneos

A histórica Biblioteca Universitaria de Pisa, aberta ao público dende 1742, foi o escenario da presentación da investigación de Mar López Sotelo, nun acto que combinou rigor académico e diálogo cultural nun entorno único. Esta actividade contou co respaldo institucional da Escola Oficial de Idiomas de Monforte; o seu apoio resultou clave para impulsar a difusión do proxecto desta investigadora e consolidar vínculos entre as institucións académicas europeas.
Máis alá da exposición formal, o encontro transformouse nun espazo de diálogo aberto, xerando un intercambio de ideas que enriqueceu a comprensión dos temas abordados e reforzou a importancia do coñecemento compartido. Neste marco, a autora ofreceu unha comparativa entre a arte do Esgrafiado italiano, expoñendo as principais liñas da súa investigación e a súa contribución á análise desta arte en Galicia, acuñada por López Sotelo como Esgrafiado galego. Esta xuntanza puxo de manifesto a importancia de promover encontros que conecten a investigación académica cos debates culturais e sociais da actualidade.
Para a autora, presentar o seu traballo na Biblioteca Universitaria de Pisa supuxo unha experiencia especialmente relevante, tanto polo prestixio da institución como pola posibilidade de compartir a súa investigación cunha comunidade internacional comprometida co diálogo e a reflexión. «Presentar esta investigación na Biblioteca Universitaria de Pisa foi unha oportunidade extraordinaria para compartir coñecemento e dialogar cunha comunidade académica internacional», sinalou a autora durante o encontro.

O acto concluiu cun recoñecemento á institución anfitrioa e un sinceiro agradecemento á Escola Oficial de Idiomas de Monforte, así como a Rubén López, CEO do Grupo Delux. «A súa presenza e apoio reforzan o valor do compromiso, subliñando o papel fundamental que desenvolven os espazos académicos na difusión do coñecemento e na proxección internacional da investigación», sinalou López Sotelo.
O momento máis entrañable foi cando a autora dedicou o éxito deste encontro «aos homes da súa vida», Julio e Adrián, «polo seu infinito amor», especialmente ao seu compañeiro de vida «in memoriam».•







