
O alumnado do IES A Pinguela de Monforte continúa estes días a súa estancia en Francia dentro dun programa de intercambio. Durante a viaxe, visitaron a bahía de Salenelle, que compararon cos Canóns do Sil, así como a batería de Merville e o Mont Saint Michel. A programación inclúe tamén actividades culturais e de convivencia co alumnado anfitrión.





