Arrinca o prazo para que os negocios participen nos bonos Activa Comercio

O programa, cunha dotación de 5 millóns de euros, busca dinamizar as vendas e apoiar o consumo nos establecementos de proximidade

O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves a orde que regula a nova edición dos bonos Activa Comercio, abrindo desde este venres 27 de marzo o prazo para que os establecementos comerciais poidan adherirse ao programa. A medida, impulsada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, busca fomentar o consumo nos negocios retallistas e apoiar economicamente ás persoas consumidoras.
Os establecementos interesados poderán formalizar a súa adhesión nun único proceso válido para as diferentes edicións previstas ao longo do ano, un sistema que se mantén tras a súa implantación recente co obxectivo de simplificar os trámites administrativos. Esta fase constitúe o paso previo á activación dos bonos para a cidadanía, que se concretará en convocatorias posteriores.
A iniciativa contará en 2026 cun crédito inicial de 5 millóns de euros e continuará a liña de actuación desenvolvida nos últimos anos, na que se promove o uso de descontos directos nas compras realizadas nos comercios participantes. Os bonos estarán dispoñibles en formato dixital a través da plataforma habilitada para este programa.
Na pasada edición, o plan mobilizou preto de 22,3 millóns de euros en vendas, con case 400.000 operacións rexistradas en máis de 7.400 establecementos distribuidos por toda Galicia. Desde a súa posta en marcha en 2021, esta iniciativa da Xunta de Galicia superou os 122 millóns de euros en volume de negocio xerado.
Os bonos Activa Comercio intégranse no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que inclúe outras medidas orientadas á modernización, dixitalización e dinamización do sector comercial galego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo e a Diocese reabren oito templos románicos da provincia no marco dun novo programa de visitas

Seguinte Nova

Semente Ribeira Sacra busca novas ideas de negocio para o rural con premios de ata 10.000 euros

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss