Denuncia veciñal en Escairón pola inversión municipal na nova carpa

O colectivo cuestiona os 350.000 euros destinados á obra e reclama atender necesidades sociais pendentes. Fotos AVOS.

A Asociación Veciñal do Saviñao manifestou o seu malestar pola substitución da carpa situada diante do Concello de Escairón, unha actuación que consideran innecesaria e afastada das prioridades reais do municipio. O colectivo lembra que a estrutura existente cumpría a súa función e critica que se destinen 350.000 euros a unha nova instalación de granito e pizarra.
A entidade veciñal sostén que existen necesidades máis urxentes, como a creación dunha residencia de maiores ou dun centro de día, servizos que —indican— levan anos sendo demandados sen obter resposta. Tamén sinalan a falta dun espazo para a mocidade, a ausencia de políticas de vivenda social e a carencia de saneamento en numerosos núcleos rurais.
A asociación lamenta ademais a tala dun tilo centenario na Devesa, que consideran unha perda patrimonial. O colectivo conclúe que a obra se executou sen exposición previa do proxecto e cualifícaa de “frivolidade” fronte ás carencias que, aseguran, afectan notabelmente ao conxunto da veciñanza do Saviñao.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello inicia o percorrido do seu Punto Limpo Móbil

Seguinte Nova

O poeta Esteban A. Jiménez presentou o seu último libro na Biblioteca Municipal do Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss