
O BNG de Pantón volveu advertir da redución de persoal médico no centro de saúde de Ferreira, onde actualmente só prestan servizo dous facultativos. Lembraron que dúas consultas quedaron sen cubrir tras unha xubilación e un traslado, situación que, segundo indican, provoca esperas prolongadas e dificultades asistenciais cando se producen urxencias ou baixas laborais.
O deputado Iago Seara trasladou o asunto ao Parlamento para pedir explicacións. A resposta da Consellaría, afirmando que o centro mantén a súa “organización habitual”, foi cualificada pola portavoz local, Rosana Prieto, como “unha tomadura de pelo”.•





