O Concello acollerá dous cursos dirixidos ao voluntariado de Protección Civil

Os cursos enfocaránse no manexo de desfibriladores e na intervención en accidentes de tráfico. Foto GPXG.

A Xunta incorporou ao seu plan formativo dous cursos que se desenvolverán en Quiroga e que están dirixidos ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Estas accións forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública para o primeiro semestre e buscan mellorar a preparación dos equipos que operan no municipio e na contorna.
O primeiro curso terá lugar o 30 de maio e estará centrado na desfibrilación externa semiautomática. O obxectivo é que o voluntariado adquira destrezas básicas para o uso destes dispositivos e poida actuar con rapidez ante unha parada cardiorrespiratoria.
A segunda acción formativa celebrarase entre o 20 de abril e o 11 de maio en formato semipresencial. Nesta ocasión, a formación abordará a intervención en accidentes de tráfico, combinando contidos teóricos en liña con prácticas presenciais no concello. A Xunta destaca que estas iniciativas reforzan coñecementos e a capacidade de resposta dos servizos locais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga presenta o programa da XLIV Feira do Viño

Seguinte Nova

Quiroga festexou a 26ª edición da Mostra do Aceite

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss