O PP da Pobra do Brollón critica a falta de convocatorias plenarias

Teddy López denuncia que a falta de convocatorias impide o control político.
Foto GPPP.

O voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López, criticou publicamente que o alcalde non convocase ningún pleno municipal desde o pasado 18 de decembro. Segundo lembrou, o pleno de organización estableceu que as sesións ordinarias deben celebrarse cada dous meses, polo que considera que se está vulnerando un compromiso básico de funcionamento democrático. López sostén que esta ausencia prolongada de convocatorias “é unha falta de respecto” tanto para a oposición como para o conxunto da veciñanza.
O representante popular afirmou que esta situación non é un caso illado e que, segundo conversas mantidas con compañeiros doutras localidades, existen concellos gobernados por PSOE e BNG que atravesan escenarios similares. Ao seu xuízo, trátase dunha práctica que dificulta a fiscalización da acción de goberno e reduce a transparencia municipal. “O alcalde non convoca o pleno porque evita render contas e someter a súa xestión ao debate público”, sinalou.
López advertiu tamén das consecuencias administrativas que pode ter a falta de plenos, lembrando que determinados asuntos, como a aprobación dos orzamentos, só poden resolverse en sesión plenaria. Neste sentido, alertou de que a situación podería derivar nunha parálise da actividade municipal se non se recupera a normalidade institucional.
O PP reclama que se convoque canto antes unha sesión ordinaria e insiste en que o pleno é o espazo fundamental para garantir o control político e a participación democrática no Concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga festexou a 26ª edición da Mostra do Aceite

Seguinte Nova

O Concello inicia o percorrido do seu Punto Limpo Móbil

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss