O PP rexeita a proposta de Por Chantada para facilitar o acceso a vivenda

A formación política Por Chantada critica a falta de alternativas nun asunto que considera clave para o futuro da vila. Foto GPCUP.

Por Chantada levou ao último pleno unha moción destinada a abrir unha estratexia municipal sobre vivenda, coa intención de abordar o acceso ao alugueiro e a mobilización das vivendas baleiras no concello. A organización sostén que se trata dun “problema macro e estrutural” que tamén afecta á vila e que require accións locais coordinadas con outras administracións.
A iniciativa incluía a elaboración dun diagnóstico actualizado, a creación de censos de inmobles e demandantes, incentivos fiscais para quen poña vivendas no mercado, programas de intermediación e medidas específicas para colectivos vulnerables. Tamén se propoñía estudar cambios na ordenanza do IBI e impulsar campañas de información. A moción non prosperou pola maioría absoluta do Partido Popular. Segundo explicou Fente Parada, o PP rexeitou o texto “co xa cotián argumento de que presentamos mocións moi longas”, sen achegar propostas alternativas nin abrir negociacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada presenta o IV Plan de Igualdade e reforza a programación do 8M

Seguinte Nova

Galicia consolida a recollida separada de biorresiduos coa implicación de máis de 290 concellos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss