Sober celebra o V Concurso de Cata por Parellas no marco do Mes do Amandi

O certame contou cunha participación notábel no Centro Cultural e distinguiu dúas parellas gañadoras. Foto CPRBFI.

O Centro Cultural de Sober recibiu o V Concurso de Cata por Parellas, enmarcada no Mes do Amandi e organizada pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias xunto co Concello. As persoas participantes iniciaron a xornada cunha cata no túnel do viño, onde puideron probar 32 referencias antes do inicio oficial da proba. No concurso, os equipos tiveron que identificar dez viños seleccionados polo xurado, formado por Emilio Blanco Tilves e Isadora Calaca Souza.
Tras o reconto das puntuacións, o primeiro premio recaeu en Iago Groba Caride e Maximino Castelo Alonso, mentres que o segundo foi para Emilia Sandra Macía González e Pablo González Gómez.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alumnado do CPR Belarmino Fernández participou nunha nova xornada de maridaxe

Seguinte Nova

Quiroga presenta o programa da XLIV Feira do Viño

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss