Galicia rexistra en marzo cifras récord de emprego

O paro baixa en todas as provincias e sectores mentres medra o número de cotizantes á Seguridade Social

Galicia ten 16.479 cotizantes máis ca en marzo de 2025, unha suba que tamén se rexistra con respecto ao mes pasado, con 7.644 afiliacións novas. Foto EV.

Galicia pechou o pasado mes de marzo con 1.095.875 afiliacións á Seguridade Social e 114.670 persoas rexistradas no paro, uns datos que sitúan a comunidade galega nos mellores rexistros para este período desde que existen series estatísticas. En comparación co mesmo mes do ano anterior, o número de cotizantes medrou en 16.479 persoas, mentres que o desemprego baixou en 4.485.
A evolución interanual do paro supón unha redución do 3,76 %, cun descenso nas catro provincias galegas e en todos os sectores de actividade. A construción encabezou a baixada, seguida do sector primario, da industria e dos servizos. Tamén melloraron os datos nos colectivos considerados prioritarios. No caso das mulleres, o número de desempregadas reduciuse en 2.434 persoas respecto a marzo de 2025, mentres que entre os parados de longa duración a caída foi de 3.514.
Na comparación co mes de febreiro, o paro diminuíu en 1.388 persoas, o que representa unha baixada do 1,20 %, por riba da media estatal. Pola súa banda, as afiliacións creceron tamén en termos mensuais, con 7.644 altas máis, un incremento do 0,70 %.
Na valoración destes datos, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, incidiu en que a evolución debe analizarse tamén desde unha perspectiva de medio e longo prazo dentro do mercado laboral galego, no que se mantén a tendencia de mellora ao remate do primeiro trimestre do ano en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte enche as rúas nunha das edicións máis multitudinarias da Feira Medieval

Seguinte Nova

Hotusa reforza en Chantada a súa colaboración coa FP dual galega

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Xabier Quiroga

O escritor do Saviñao vén de publicar Alguén ao lado, una novela fundada na conxugación de sentimentos fundamentales e idiosincrasia galega Falamos
Ir aInicio

Don't Miss