
Hotusa mantén en Chantada a formación dunha trintena de estudantes de Formación Profesional en distintos ciclos vinculados á administración, á informática e ao turismo. O alumnado participa en programas de FP dual intensiva e tamén en períodos de prácticas, combinando a aprendizaxe académica coa experiencia nun contorno laboral. Nos últimos tres anos, a compañía asinou convenios coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que permitiron ofertar máis de 860 prazas. A colaboración esténdese a unha vintena de centros e abrangue dez titulacións, con formación tanto en establecementos da cadea como na súa central de xestión. A empresa acolle estudantes de ciclos como Administración, Desenvolvemento web, Sistemas microinformáticos ou titulacións ligadas ás axencias de viaxes e á información turística.•





