Monforte celebra os 25 anos do Conservatorio de Música Mestre Ibáñez

Concertos, unha mesa redonda e un acto central lembrarán a traxectoria do centro desde a súa creación en 1999

Os ponentes da Mesa fóron a Dra.Laura Navarro Ramón, Dr.Antonio Salas Ellacuriaga e Rocío Chao Fernández,xunto co director do Conservatorio Fernando Sanmartino. Foto CMM.

O Concello de Monforte deu a coñecer a programación conmemorativa do 25 aniversario do Conservatorio Profesional de Música Mestre Ibáñez, un centro que iniciou a súa andaina no ano 1999 como unha aposta municipal decidida pola formación musical regrada. A presentación tivo lugar nun acto no que participou o alcalde, José Tomé, xunto a integrantes do equipo de goberno e representantes da dirección do conservatorio.
Durante a súa intervención, o rexedor fixo balance da traxectoria dun centro que, ao longo deste cuarto de século, foi medrando tanto en oferta formativa como en número de estudantes. Na actualidade, o conservatorio conta con sete especialidades instrumentais e un cadro docente formado por dez profesionais. Desde a súa posta en marcha, pasaron polas súas aulas arredor de 800 alumnos, unha cifra que supera os 2.000 se se suman tamén os estudantes da Escola Municipal de Música.
Segundo destacou José Tomé, estes datos reflicten “o impacto e a relevancia” que tivo o conservatorio na vida cultural e educativa de Monforte. O alcalde subliñou que unha parte do alumnado optou por continuar a súa formación no ámbito profesional da música, mentres que moitos outros incorporaron os coñecementos adquiridos ao seu desenvolvemento persoal, convertendo a música nun elemento central da súa vida.

Ao longo destes 25 anos formáronse no Conservatorio arredor de 800 alumnos, que xunto co alumnado da Escola Municipal de Música, suman en conxunto máis de 2.000 estudantes


A celebración do 25 aniversario, apuntou o rexedor, servirá tamén para recoñecer o labor desenvolvido polo centro e polo seu profesorado ao longo destes anos. “Este aniversario é unha oportunidade para poñer en valor o traballo constante e comprometido que se vén realizando desde o conservatorio”, sinalou durante a presentación.
A programación deseñada desenvolverase entre os meses de abril e xuño e está concibida como unha proposta aberta á participación da cidadanía. O primeiro dos actos previstos foi unha mesa redonda dedicada á relación entre música e saúde, na que interviron especialistas de universidades galegas e centros de investigación. O calendario conmemorativo inclúe tamén varias citas musicais. Entre elas, un concerto protagonizado polo profesorado do conservatorio e a actuación da formación Brassica Rapa, que ofrecerá ao público un repertorio pensado para esta ocasión especial. Estas actuacións permitirán mostrar o traballo artístico que se desenvolve no centro e achegalo a un público máis amplo.
O acto central da conmemoración terá lugar o vindeiro 6 de xuño na Casa da Cultura de Monforte. Nesta xornada participararán antigos alumnos e alumnas que na actualidade desenvolven carreiras profesionais no ámbito musical, acompañados por docentes do propio conservatorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación aproba o Plan 2026 con consenso político e debate sobre o seu alcance

Seguinte Nova

Renfe habilita transporte porestrada polas obras na liña entre Monforte e Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss