
O Concello de Monforte iniciou o proceso para adxudicar a explotación da cafetería do complexo deportivo da Pinguela. A licitación establece un canon mínimo de 400 euros mensuais e un contrato de dous anos, prorrogable. O servizo dará cobertura ás instalacións recentemente renovadas, con previsión de alta afluencia de usuarios.





