Monforte será saída dunha etapa de La Vuelta Femenina en maio

O alcalde presidiu o acto de toma de posesión dos axentes que iniciarán a súa formación antes de incorporarse de xeito definitivo ao cadro da Policía Local. Foto GPCM.

Monforte acollerá o vindeiro 6 de maio a saída da cuarta etapa de La Vuelta Femenina, que partirá da Praza da Compañía e percorrerá varias rúas do casco urbano antes de continuar cara a Antas de Ulla. O anuncio realizouse nun acto celebrado no Concello coa presenza de representantes municipais e da organización.
O alcalde destacou a relevancia da cita, sinalando que supón unha “oportunidade única de proxección internacional” para a cidade. A proba contará con cobertura en numerosos países e reunirá a corredoras de primeiro nivel.
A etapa terá un percorrido de máis de cen quilómetros e pasará por distintos concellos, reforzando a presenza de Monforte no calendario de grandes eventos ciclistas e contribuíndo á promoción do territorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convocan un acto público para analizar o impacto da nova ponte

Seguinte Nova

Monforte inicia a contratación da cafetería do complexo da Pinguela

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss