O Parque do Hospital incorpora novo arborado coa plantación dun magnolio e dun cedro

O Concello de Monforte sumou novo arborado ao Parque do Hospital coa plantación dun magnolio e dun cedro, nunha actuación na que participou este mércores o alcalde, José Tomé Roca. O rexedor estivo acompañado por membros do equipo de goberno e supervisou os traballos realizados pola brigada de Parques e Xardíns.
O magnolio situouse xunto á área de xogos infantís, nun espazo no que xa existen outros exemplares desta especie, co obxectivo de incrementar as zonas de sombra. Para unha das áreas centrais de céspede escolleuse un cedro, unha árbore de gran porte axeitada para superficies amplas. Segundo Tomé, con esta actuación “aportamos máis sombra nun espazo de lecer e divertimento para os pequenos que dá servizo a toda a veciñanza”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Renfe habilita transporte porestrada polas obras na liña entre Monforte e Lugo

Seguinte Nova

Convocan un acto público para analizar o impacto da nova ponte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss