A primeira Olimpiada de Bioloxía da ESO reunirá a 593 estudantes de 45 centros educativos

O Xeoparque Montañas do Courel acollerá a fase final o 30 de maio. Foto RTMQ.

O Colexio Oficial de Biólogos, en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel e a Consellería de Educación, organizará a primeira Olimpíada de Bioloxía dirixida ao alumnado de 4º da ESO. Na convocatoria participarán 593 estudantes procedentes de 45 centros das catro provincias, tras pecharse o período de inscrición. A coordinación académica recae na profesora Iria Chapela, encargada das distintas fases dunha competición que combinará probas teóricas e prácticas. A primeira fase, prevista para finais de abril, celebrarase de forma telemática e permitirá seleccionar os dez mellores expedientes, que liderarán equipos colaborativos. A final terá lugar o 30 de maio no Xeoparque, con actividades no IES de Quiroga e propostas divulgativas organizadas polo equipo técnico da entidade. Esta iniciativa abre unha nova etapa para a divulgación científica na comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga presenta coa primavera unha ruta polas súas fervenzas

Seguinte Nova

Chantada prepara unha programación especial para a eclipse total do 12 de agosto

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss