A Ribeira Sacra superou o 84% de ocupación na Semana Santa

Rexistráronse 6.818 prazas ocupadas nos días previos e 8.885 nos días principais, cifras que melloran os rexistros de 2025 e 2024

A Ribeira Sacra consolida o seu crecemento turístico nos días centrais das vacacións. Foto ENVATO.

A Ribeira Sacra pechou a Semana Santa cunha ocupación media que se aproximou ao 85% entre o 1 e o 6 de abril, segundo os datos facilitados polo sector. Nos días previos, do 27 ao 31 de marzo, a media situouse no 64,67%, superando amplamente as previsións iniciais, que apuntaban ao 57% e ao 76% respectivamente para cada tramo.
A distribución por tipoloxías amosou comportamentos diversos: os hoteis de tres e catro estrelas alcanzaron o 82,50% nos días principais, o turismo rural situouse no 72,47% e os apartamentos turísticos chegaron ao 95%. O resto de aloxamentos acadou o 87,17%, confirmando unha forte demanda concentrada nas datas centrais. En termos absolutos, rexistráronse 6.818 prazas ocupadas nos días previos e 8.885 nos días principais, cifras que melloran os rexistros de 2025 e 2024. O bo tempo favoreceu as reservas de última hora e o sector valora o resultado como moi satisfactorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 2.400 persoas disfrutaron das rutas fluviais en catamarán

Seguinte Nova

A candidatura da Ribeira Sacra reúne apoio político na recta final cara á decisión da Unesco

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss