Na sesión, destacáronse as vantaxes do sistema de arrastre de vapor e a importancia das variedades autóctonas

Adegas Moure acolleu unha xornada dedicada á destilación tradicional, organizada polo Consello Regulador de Aguardentes e Licores de Galicia. A presidenta, Sonia Otero, e o xerente da adega, Evaristo Rodríguez, explicaron o funcionamento do sistema de arrastre de vapor, que emprega calor indirecto e permite un control máis preciso na separación de cabezas, corazón e colas. Rodríguez sinalou que este método “ofrece unha produción máis regular”, mentres Otero destacou que é práctico e de calidade. Durante a sesión destilouse un plurivarietal con uvas autóctonas como Mencía, Godello ou Caíño.•





