Chantada ofrece formación dixital gratuita para persoas maiores de 60 anos

O Concello acolle dous cursos centrados no uso de WhatsApp e na xestión de trámites electrónicos. Foto GPCCH.

O programa Conexión Dixital Senior + chega a Chantada con dúas accións formativas dirixidas a persoas maiores de 60 anos. As actividades, impartidas por Euroformac e financiadas con fondos europeos, requiren inscrición previa na Casa da Cultura ou no teléfono 982 441 752 antes do 28 de abril. Un dos cursos abordará o uso de WhatsApp e a comunicación móbil, mentres o outro tratará a realización de trámites coa administración electrónica. As sesións desenvolveranse en maio e incluirán contidos prácticos adaptados ao nivel do grupo participante.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello anuncia o comezo de obras para mellorar os camiños rurais e reparar o paseo fluvial

Seguinte Nova

Adegas Moure acolleu unha xornada sobre a destilación tradicional

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss