
Chantada organiza unha ampla programación para celebrar a eclipse solar total do 12 de agosto, un fenómeno que non se repetirá ata o ano 2180 e que situará ao municipio como un dos mellores puntos de observación en Galicia. A eclipse comezará ás 19:32:21 horas, alcanzará a totalidade ás 20:29:26 e finalizará ás 21:22:51, coincidindo coa posta de sol e favorecendo unha visión clara grazas ás condicións propias dun destino Starlight. O Concello organizará actividades de divulgación, obradoiros de astronomía, sesións de observación guiada e unha xornada específica para o sector turístico o 28 de abril. A programación busca destacar espazos como o Monte do Faro e reforzar a proxección de Chantada como referente en astroturismo.•





