
Chantada acolleu a presentación das primeiras Olimpíadas do Envellecemento Saudable, impulsadas pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, o Concello, iNNOHEROICA e o Club Peña Saltasebes. No acto participaron representantes das entidades organizadoras e o alcalde, Manuel Lorenzo Varela. O encontro desenvolverase o 19 de setembro e incluirá probas deportivas e propostas orientadas á participación social das persoas maiores. Baixo o lema “Todas as persoas contan, todas as idades suman”, a iniciativa pretende destacar o papel activo deste colectivo e promover hábitos saudables nun contexto comunitario.•





