
O BNG trasladou ao pleno da Deputación de Lugo as reivindicacións do persoal da sanidade pública, que nas últimas semanas se mobilizou para reclamar máis medios e reforzo de persoal. A portavoz Iria Castro advertiu de que a situación actual reflicte “un sistema ao límite” e puxo como exemplo a presión asistencial en Urxencias do Hula.
A moción, aprobada cos votos de BNG e PSdeG, solicita á Xunta cubrir prazas vacantes e mellorar as condicións laborais. O pleno acordou tamén por unanimidade pedir ao Estado o reforzo do servizo de Correos na provincia.•





