
O Concello de Chantada confirmou o inicio das obras destinadas a reparar os danos provocados polo temporal de finais de xaneiro. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil actuará no paseo fluvial do río Asma e na contorna da piscina climatizada, onde se produciron desprendementos. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, destacou que a entidade “atendeu as nosas demandas” e que os traballos se executarán nun prazo aproximado de tres meses. Paralelamente, o Concello asumirá a reparación da rúa Xoán XXIII, substituíndo antes as tubaxes que conducen o caudal cara ao río. Ademais, avanzan melloras en camiños rurais con limpeza de cunetas e aplicación de aglomerado en quente.•





