O Concello de Bóveda fomenta o Viveiro Industrial para atraer novos proxectos empresariais

A normativa é definitiva e permitirá iniciar o proceso de incorporación das primeiras iniciativas ao parque empresarial. Fotos GPCB.

O Concello de Bóveda fixo pública a normativa que rexerá o funcionamento do Viveiro Industrial de Empresas, un espazo situado no parque empresarial municipal destinado a apoiar proxectos industriais de nova creación. O regulamento, que se converteu en definitivo ao non presentarse alegacións durante o período de exposición pública, establece o procedemento de acceso aos espazos, as condicións de uso e as relacións entre os beneficiarios e a administración local. O alcalde, José Manuel Arias, destacou que a aprobación deste documento “supón un paso decisivo para avanzar na incorporación das primeiras iniciativas e contribuír á creación de emprego no municipio”. O viveiro dispón dunha nave principal, catro oficinas, zonas comúns e un espazo destinado a formación práctica, unha infraestrutura pensada para facilitar o arranque de proxectos mediante cesión temporal en condicións vantaxosas. Entre os servizos previstos inclúense asesoramento técnico, apoio administrativo, acceso a recursos telemáticos, servizos de reprografía e acompañamento na procura de subvencións. Poderán optar persoas emprendedoras ou empresas de recente creación cun plan de negocio viable e compromiso de establecer o domicilio social en Bóveda. A selección realizarase mediante convocatoria pública, valorándose criterios como a viabilidade económica, o potencial de creación de emprego, o carácter innovador das propostas ou determinados aspectos sociais. As empresas poderán permanecer nas instalacións durante un período inicial de doce meses, prorrogable ata un máximo de corenta e oito. O investimento total destinado á creación e mellora do viveiro supera os cincocentos mil euros, cunha achega adicional destinada a mellorar a eficiencia enerxética e as prestacións técnicas do edificio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello lembra as obrigas de limpeza e prevención de incendios no rural

Seguinte Nova

A Ruta do Románico regresará a Pantón o 30 de maio cunha ampla programación deportiva para todas as idades

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss