O Concello lembra as obrigas de limpeza e prevención de incendios no rural

A administración local insiste no cumprimento das distancias e na xestión da biomasa en parcelas e vivendas. Foto GPCPB.

O Concello da Pobra de Brollón recordou á veciñanza a necesidade de manter limpas as parcelas e respectar as distancias de seguridade que marca a Lei de prevención de incendios forestais. A normativa obriga a xestionar a biomasa antes de finais de maio e a garantir unha franxa de protección de cincuenta metros arredor de vivendas, núcleos rurais e instalacións próximas ao monte. Nesa zona non poden existir especies que favorezan a propagación do lume, como piñeiros, mimosas ou eucaliptos. O incumprimento pode derivar en execución subsidiaria e sancións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destaca en A Pobra do Brollón o impulso da Artesanía Alimentaria

Seguinte Nova

O Concello de Bóveda fomenta o Viveiro Industrial para atraer novos proxectos empresariais

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss