O PSdeG denuncia a situación da atención primaria na provincia de Lugo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez; a voceira do PSdeG na Deputación, Pilar García Porto; o alcalde de Xermade, Roberto García Pernas; e o alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico.Foto GPPSdeG.

O PSdeG alertou do deterioro da atención primaria na provincia de Lugo, que atribúe á falta de planificación da Xunta. Nunha rolda de prensa, a secretaria de Organización, Lara Méndez, asegurou que Galicia presenta elevados niveis de listas de espera e advertiu de que “o problema non é a demanda, é a falta de xestión”.
A voceira na Deputación, Pilar García Porto, centrouse na realidade da provincia e denunciou a escaseza de profesionais, con prazas sen cubrir e centros que dependen dun único médico. Segundo indicou, esta situación está a provocar desigualdades no acceso á sanidade, especialmente no rural.
Alcaldes como os de Ribeira de Piquín e Xermade expuxeron tamén as dificultades para garantir unha atención continuada, con servizos reducidos e falta de cobertura en determinados momentos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG leva ao pleno da Deputación as protestas do persoal sanitario

Seguinte Nova

O PP cuestiona a situación dos concelleiros socialistas de Monforte

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss