Sarria acolle un programa de formación cultural para a mocidade

A iniciativa Sarria<30 inclúe talleres e encontros en varios concellos da comarca ao longo do mes de maio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación do proxecto xunto con representantes de Ouvirmos SL; e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López. Foto GPXG.

A comarca de Sarria será escenario no mes de maio do programa Sarria<30, unha proposta centrada na formación e no emprendemento cultural dirixida especialmente á mocidade. A iniciativa, apoiada pola Xunta a través das axudas Territorio Cultura, desenvolverase en distintos concellos con actividades abertas á participación.
O programa inclúe laboratorios impartidos por profesionais do ámbito cultural, co obxectivo de fomentar a creación de redes e facilitar o intercambio de coñecementos. As sesións abordarán disciplinas como a música, o teatro, a danza, a literatura ou a cultura tradicional.
As actividades terán lugar no Incio, Sarria, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos e Triacastela. A programación culminará cun evento central na Praza de Abastos de Sarria, que reunirá mesas de debate, entrevistas e propostas participativas.
O calendario incluirá tamén sesións específicas sobre xestión musical, creación escénica, danza contemporánea e dinamización cultural, orientadas a detectar oportunidades profesionais e reforzar o tecido creativo da comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP cuestiona a situación dos concelleiros socialistas de Monforte

Seguinte Nova

Sarria convértese en punto de encontro para a formación en fútbol sala

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss