
O Círculo Saviñao foi escenario da presentación de “Lembranzas e Sentimentos de quen soñou ser poeta”, a nova obra de Antonio Lois. O acto reuniu a veciños e amizades arredor dun recital no que tamén participaron Anxo Boan e Germán López Quiroga. A cita rematou cun ambiente de lembranzas compartidas, no que non faltaron lecturas e reencontros entre persoas vencelladas ao autor.





