A Andaina Chantada Contra o Cancro reúne centos de participantes nunha xornada solidaria

A quinta edición celebrouse o 26 de abril con tres percorridos pola Ribeira Sacra e ampla resposta social. Foto GPACCC.

Arredor de medio milleiro de persoas participou o 26 de abril na V Andaina Chantada Contra o Cancro, que regresou tras a suspensión de novembro e contou cun ambiente marcado polo bo tempo. As persoas inscritas puideron escoller entre rutas de 5, 10 e 20 quilómetros, con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, percorrendo viñedos e camiños da Ribeira Sacra entre Chantada e O Saviñao. Á chegada, os andaríns foron recibidos con pinchos e viño ofrecidos pola adega.
O evento contou coa colaboración de empresas locais, entidades e máis de trinta voluntarios, aos que a organización expresou o seu agradecemento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada activa a programación astroturística previa á eclipse do 12 de agosto

Seguinte Nova

Chantada acolle unha xornada informativa sobre a regularización de persoas migrantes

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss