A Deputación inicia en Pantón varias reformas viarias nas estradas provinciais

As intervencións inclúen a rehabilitación integral da LU‑P‑4104 e obras de firme noutros tramos do municipio. Foto GPDL.

A Deputación de Lugo executa estes días diferentes intervencións viarias no concello de Pantón, dentro dun plan provincial orientado a mellorar a mobilidade na Ribeira Sacra. A actuación máis destacada é a rehabilitación integral da estrada LU‑P‑4104, que comunica Seguín cos Peares por Pombeiro, cun investimento superior aos cen mil euros. Os traballos inclúen reapertura de cunetas, reparación de danos e repavimentación ao longo dos seus máis de quince quilómetros. Paralelamente, a institución provincial iniciou obras de aglomerado noutros tramos das estradas LU‑P‑4102, LU‑P‑3202 e LU‑P‑3208, vías que conectan parroquias e núcleos de poboación do municipio. Estas actuacións abranguen melloras do firme e reposición da sinalización horizontal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Medio Rural analiza con Pantón novas melloras en infraestruturas rurais

Seguinte Nova

A Rota do Románico de Pantón celebrarase o sábado 30 de maio

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss