A Feira do Libro de Sarria regresa con vocación de continuidade

Mirella López, Manuel Pombo, Sonia Arias, Luis López Alonso e Ivan Quiñoá, nun dos actos da Feira. Foto ML.

Sarria recuperou a pasada fin de semana a súa Feira do Libro cun balance positivo tanto pola participación de autores como pola resposta do público, nun evento que tivo lugar en distintos espazos da vila. A cita reuniu arredor dunha vintena de escritores e escritoras da comarca, nun programa que combinou presentacións, mesas de debate e actividades dirixidas a diferentes públicos.
A programación estruturouse en varias xornadas nas que se abordaron cuestións relacionadas coa creación literaria, como o proceso de escritura, a inspiración ou a relación entre memoria e territorio. Tamén se trataron aspectos como a transversalidade entre disciplinas artísticas, incorporando reflexións sobre a conexión da literatura con outras expresións culturais.
O encontro contou ademais coa participación de librarías locais, que habilitaron espazos de venda directa para achegar as obras ao público asistente. A actividade completouse con propostas para público infantil e intervencións musicais.
Desde o Concello destacouse a boa acollida desta edición e avanzouse a intención de darlle continuidade nos vindeiros anos, co obxectivo de afianzar a feira dentro do calendario cultural da vila e seguir dando visibilidade ao talento literario da contorna.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria acollerá en maio a XXIX Feira de Antigüidades e Restauración de San Lázaro

Seguinte Nova

A Xunta licita obras de mellora en máis de 60 quilómetros de estradas da comarca de Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss