A formación especializada centra unha xornada sobre emprendemento hostaleiro en Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou no evento Dinamización do emprendemento hostaleiro a través da formación especializada, organizado desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte.
Foto GPXG.

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte acolleu recentemente unha xornada centrada na dinamización do sector hostaleiro a través da formación, un encontro no que se puxo de relevo o papel deste recurso no impulso de novas iniciativas empresariais. A actividade contou coa participación de representantes institucionais e persoas vinculadas ao ámbito emprendedor e formativo.
Durante o acto, destacouse a traxectoria do centro monfortino, que xa asesorou máis de 350 proxectos empresariais e contribuíu á posta en marcha dunha ducia de negocios. Estes datos forman parte do balance da Rede de Polos na provincia, que suma arredor de 1.300 iniciativas acompañadas desde as súas oficinas.
O equipo técnico do Polo de Monforte desenvolveu máis dun milleiro de sesións individualizadas de orientación, cunha participación destacada de mulleres, que representan máis da metade das persoas atendidas. Entre os sectores con maior presenza figura a hostalaría, que concentra unha quinta parte dos proxectos impulsados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte impulsa un novo obradoiro de emprego con 24 participantes

Seguinte Nova

Sarria acollerá en maio a XXIX Feira de Antigüidades e Restauración de San Lázaro

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss