A Ribeira Sacra reforza a súa oferta enoturística coa Primavera de Portas Abertas

Trinta e dous buses do viño facilitarán os desprazamentos desde diversas localidades galegas

A Ribeira Sacra volverá ter un papel destacado na décimo quinta edición da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, unha iniciativa promovida por Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións das cinco denominacións de orixe. O programa desenvolverase ao longo de varias fins de semana dos meses de maio e xuño e inclúe preto dun centenar de actividades repartidas por diferentes territorios vitivinícolas. No conxunto da comunidade participan cincuenta e nove adegas, que abrirán as súas instalacións para ofrecer visitas guiadas gratuítas durante os días da campaña, xunto con rutas de sendeirismo, percorridos en barco, catas comentadas e obradoiros temáticos. Ademais, trinta e dous buses do viño facilitarán os desprazamentos desde diversas localidades galegas.
Na Ribeira Sacra están previstas doce actividades organizadas pola Ruta do Viño, o Centro de Interpretación do Viño, a Casa da Cultura de Quiroga, o Ecomuseo de Arxeriz e varias empresas vinculadas ao sector. A programación inclúe visitas a adegas, paseos entre viñedos e rutas guiadas tanto a pé como en barca polos canóns, ademais de percorridos por localidades e edificios de interese patrimonial. Entre as propostas figura un Solpor Sonoro que combinará música en directo e cata de viños, así como un obradoiro de cerámica acompañado dunha degustación. Para facilitar o acceso ás actividades, a comarca contará con cinco buses do viño con diferentes itinerarios.
A programación autonómica abrangue tamén outras denominacións de orixe. En Monterrei haberá cinco buses do viño e catro actividades centradas en obradoiros de harmonías, túneles de viños e rutas polos lagares rupestres. Na Ruta do Viño de Valdeorras desenvolveranse dezaoito actividades con oito buses do viño e a colaboración de concellos, adegas e entidades culturais. Pola súa banda, Rías Baixas contará con doce propostas e sete buses do viño, mentres que o Ribeiro pechará a edición con quince actividades e outras sete rutas organizadas, incluíndo experiencias termais, catas e visitas a espazos culturais.
A Primavera de Portas Abertas mantense como unha das accións consolidadas de Turismo de Galicia para favorecer a desestacionalización e a redistribución territorial da oferta. Segundo os datos da administración autonómica,•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello prepárase para o día das Letras Galegas co Día do Libro

Seguinte Nova

A D.O Ribeira Sacra consolida a súa recuperación

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss