A Rota do Románico de Pantón celebrarase o sábado 30 de maio

A Rota do Románico de Pantón desenvolverase o sábado 30 de maio pola tarde, nunha edición organizada polo Concello coa colaboración de Innoheroica. As inscricións poden formalizarse na plataforma Championchipnorte ata o 27 de maio. A programación abrirase ás 17:00 coa andaina de 12,5 quilómetros, pensada para participantes de diferentes idades. Desde as 18:15 celebraranse as carreiras escolares, estruturadas en varias categorías con distancias adaptadas. A carreira absoluta comezará ás 19:00 cun percorrido de 6,27 quilómetros e un tempo máximo dunha hora. Os dorsais recolleranse desde as 16:30 na Praza do Concello. Ademais, haberá actividades infantís e unha merenda final. O alcalde, José Luis Álvarez, anima á veciñanza a participar e destaca “o carácter popular e integrador” da xornada deportiva.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación inicia en Pantón varias reformas viarias nas estradas provinciais

Seguinte Nova

A XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón terá lugar do 8 ao 10 de maio

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss