A XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón terá lugar do 8 ao 10 de maio

O pasado 29 de abril tivo lugar a presentación a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se desenvolverá na segunda fin de semana de maio, do 8 ao día 10.

A presentación tivo lugar na adega Losada Fernández S.L. coa participación do alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez; a concelleira de Cultura, Cristina Domínguez e o adegueiro anfitrión, Ramón Losada.

A cita mantén a estrutura de celebración da última edición, séguese con 3 días de celebración, ampliando ao venres e mantéñense as actividades vinculadas co viño que se iniciaron o ano pasado con sesión de cata maridaxe “Sabores da Ribeira Sacra” o venres, e a celebración o sábado da I Cata Popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón.

A concelleira de Cultura, Cristina Domínguez, destacou que estas actividades, que se fan en colaboración con Vinosacra, son gratuítas e teñen aforo limitado polo que se necesita inscrición previa que xa está abertano teléfono 982 456 377. “O ano pasado funcionaron moi ben estas novidades e coas suxestións que fan as adegas seguimos cada ano mellorando a oferta de actividades”, sinalou.

Participan da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón 8 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Saíñas, Don Ventura e Corzoás (Capilla desculpa a súa ausencia nesta edición por motivos persoais). Na xornada do venres as casetas abriranse ás 19:00h e comezarase coa cata maridaxe, ás 20:30h será a inauguración a cargo de Xosé Manuel Merelles Remy, Director da Axencia de Turismo de Galicia.

Programación completa da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón:

Venres, 8 de maio:

  • 19:00h Apertura das casetas no recinto feiral e cata maridaxe dirixida Diego e Guillermo Centeno Marquina (cociñeiros do restaurante Vértigo, en colaboración con Ana Sofía Emidio Martínez (sumiller do restaurante Vértigo) e Vinosacra
  • 20:30h Inauguración XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón por Xosé Manuel Merelles Remy, Director da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.
  • 20:40.- Actuación da charanga Louband.
  • 23:00.- Actuación do grupo musical Top Lider

Sábado 9 de maio:

  • 12:00.- 1ª Cata popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón no recinto feiral, en colaboración con Vinosacra. (primeira sesión).
  • 13:30.- Brinde do Viño, simultáneo en toda España, por mor do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. Lugar: Campo da Feira.
  • 14:30.- IX Festa da Empanada, no recinto do Castro. Haberá á venda empanadas e produtos da terra.
  • 17:00.- 1ª Cata popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón no recinto feiral, en colaboración con Vinosacra. (segunda sesión)
  • 20:30.- Actuación da charanga Os Festicultores.
  • 23:00.- Música a cargo do grupo Claxon

Domingo 10 de maio:

  • 12:00.- Recepción de autoridades no recinto feiral.
  • 13:00.- Pregón da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo de don Luis L. Paadín, Enólogo e sumiller. Profesor de Análise Sensorial e Servizo, Técnico de Viticultura e Enoloxía (Universidade de Vigo). Lugar: Campo da Feira.
  • 19:00.- Actuación da orquestra Gran Parada.

Durante toda a fin de semana haberá actuacións musicais. Para facilitar a participación da xente contarase con servizo de autobús con Monforte e Escairón. (Horarios en cartel adxunto).

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, lembrou o carácter familiar da celebración e desexou unha boa climatoloxía para poder participar de todas as propostas da Mostra e desfrutar tamén dos recursos que o municipio ofece ao visitante, “temos as 3 ribeiras, a auga dos ríos e balneario, Augacaída, campo de golf, románico, paisaxe, tradición e moita festa de homenaxe ao viño durante 3 días”, aseguraba o alcalde.

Pola súa banda, o adegueiro, Ramón Losada, destacou o esforzo para mellorar esta celebración cada ano e o traballo diario nas adegas para conservar a calidade vinculada ao traballo na ribeira, “Don Ventura elabora unicamente viño tinto con uvas das ribeiras que temos no Sil e no Miño, entendemos que esa é a produción propia de aquí e aínda que hai un grande esforzo detrás, tradúcese en calidade”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Rota do Románico de Pantón celebrarase o sábado 30 de maio

Seguinte Nova

A 33ª edición da Feira do Viño de Vilachá ofrecerá tres días de cultura vinícola, música e troula

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss