As Rutas polo Románico da Deputación pasan por Sober

A igrexa de Santa María de Proendos intégrase nun programa con 16 itinerarios gratuítos en maio. Foto GPDL.

A Deputación de Lugo presentou a nova edición das Rutas polo Románico, que volven incluír Sober como un dos seus destinos. A Presidenta Carmela López destacou que a iniciativa permitirá descubrir “catorce xoias da arte europea na provincia”, subliñando o valor deste patrimonio na identidade lucense. Pola súa banda, Pilar García Porto explicou que as rutas reforzan un modelo de turismo sostible orientado a dinamizar o rural e apoiar o sector.
A programación desenvolverase os días 8, 9, 10, 16 e 23 de maio, con 325 prazas dispoñibles. Entre os templos seleccionados figura a igrexa de Santa María de Proendos, situada no Concello de Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober acolle unha nova edición de O Encontro para analizar o futuro do rural

Seguinte Nova

Sober recibe apoio da Xunta para reforzar a súa Agrupación de Protección Civil

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss