
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, instou ao Partido Popular a retirar a moción de censura presentada no Concello de Lugo e apelou a respectar “o camiño das votacións”. O dirixente socialista pediu tamén á concelleira implicada que reconsidere a súa postura, advertindo das consecuencias políticas da decisión.
Besteiro participou nunha mobilización cidadá que cualificou de “multitudinaria”, na que se reclamou “democracia, si; transfuguismo, non”. Segundo indicou, esta resposta evidencia o rexeitamento social á iniciativa.
O líder socialista solicitou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que desautorice a operación e subliñou que a cidadanía poderá decidir nas urnas no prazo dun ano.•





