Bóveda convoca o XII Concurso de Carteis para a Feira Outrora de Rubián

O certame premiará cunha dotación de 500 euros a proposta que represente os mercados tradicionais galegos. Foto ARQUIVO GPCB.

O Concello de Bóveda abriu o prazo do XII Concurso de Carteis para a XXII Feira Outrora. As persoas participantes deberán presentar ata o 20 de maio unha proposta inspirada nos mercados galegos de finais do século XIX e comezos do XX. As obras, inéditas e en A2, poderán enviarse por correo electrónico ou por correo ordinario ao Concello. O cartel gañador recibirá 500 euros e converterase na imaxe oficial da feira. O xurado valorará creatividade, relación coa temática, calidade técnica e impacto visual.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra do Brollón impulsa un novo obradoiro de emprego

Seguinte Nova

O proxecto Kinoterra dinamiza dende O Saviñao a creación audiovisual

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss