A XXXIII Feira do Viño de Vilachá celebrarase nas adegas da Abelaira

A Pobra do Brollón xa ten lista unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá, que terá lugar esta fin de semana. Xa o venres haberá actuacións de Os Parrandas e da batukada Tukupá, dando paso a unha fin de semana centrada no viño e na tradición local. O sábado, desde as once, actuarán Os Ministreles, Os Corenta e Chinco, Os Bochetas do Sil, Son do Mao e Os Tarabelos. Logo celebrarase a cata “As nosas ribeiras”, dirixida por Juanjo Figueroa, con prazas limitadas e reserva previa.
O domingo volverá a música da Escola Municipal Samoeiro, Os Triskeles, Os Somontanos e as Cantareiras de Fornelas e o pregón da sumiller Mónica Fernández. Xa pola tarde, ás celebrarase a tradicional cata‑concurso de viños de furancho, con premios outorgados polo xurado e polo público. Este ano son trece adegas e furanchos participantes: Fidalgo, José Rodríguez López, Morales, O Currio, Os Conventos, Outeiro, AL‑DE, Adega Vella, Bico de Lagar, Casa do Curuxo, Sernande, Beatus Ille e a adega convidada Tear, procedente de Sober.•





