
O Concello de Chantada comezou o pasado martes 28 de abril a programación astroturística prevista como Destino Starlight cunha xornada dedicada á eclipse do 12 de agosto. A actividade, organizada en colaboración con Turismo de Galicia, desenvolveuse na Casa da Cultura e requeriu inscrición previa por teléfono, correo electrónico ou de maneira presencial. O programa de actividades contivo diversas intervencións orientadas a nocións de astronomía básica, observación segura e técnicas de astrofotografía, ademais dunha mesa redonda con profesionais vinculados ao turismo e á divulgación científica. Como un dos tres destinos Starlight da provincia de Lugo, Chantada continuará ofrecendo accións informativas nas semanas previas á eclipse.•





