O Concello de Monforte concedeu licenza urbanística para executar obras de restauración nas igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, incluídas nun convenio entre a Deputación de Lugo e a Diocese. A actuación forma parte dun plan provincial que abrangue nove templos e conta cun investimento global de 440.000 euros, dos que 112.700 corresponden ás tres parroquias monfortinas.
Os traballos centraranse na mellora das cubertas, substitución de materiais deteriorados e instalación de novos sistemas de recollida de augas. Segundo explicou o alcalde, “conservar as igrexas é tamén conservar a historia e a vida social do noso territorio”. Unha vez concedidas as licenzas municipais, será o Obispado o encargado de licitar e executar as intervencións previstas.•





