
A Biblioteca Municipal de Chantada desenvolveu varias propostas con motivo do Día do Libro. A programación do evento ofreceu un sorteo de novelas para persoas adultas que levasen un préstamo. O venres 24, ás 18.15 horas, Gemma Pardo presentou o seu libro infantil “Oli, el saltamontes aventurero”. O 8 de maio celebrarase un contacontos con Ana Meilán. Ademais, a biblioteca impulsa o certame infantil Letras Galegas 2026, dirixido a nenas e nenos de ata dezaseis anos, con modalidades de narración e debuxo sobre o tema “Medrar lendo”.•





