
O Concello de Quiroga dedicou o Faladoiro ao ámbito das emerxencias sanitarias cunha sesión que tivo como protagonista ao técnico Xosé Ferrín. O profesional, natural de Carballo de Hospital e con máis de dúas décadas de experiencia, iniciou o seu labor na comarca de Quiroga e actualmente traballa na de Lemos. Durante o encontro explicou a relevancia do seu traballo e achegou recomendacións básicas para actuar en situacións nas que unha resposta rápida pode resultar determinante. Tamén compartiu algunhas das anécdotas acumuladas ao longo da súa traxectoria. A actividade, promovida pola Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá, celebrouse o derradeiro mércores do mes ás seis da tarde no Centro Social e estivo moderada polo concelleiro Xosé Manuel Fernández. O Faladoiro, mantivo o seu formato participativo característico.•





