
O proxecto KinoTerra avanza en O Saviñao como iniciativa dedicada á creación audiovisual vinculada ao territorio. A primeira edición do Cine Lab reuniu seis participantes en tres fins de semana de formación, mentoría e rodaxe na Ribeira Sacra, dando lugar a catro curtametraxes que iniciarán en xuño un circuíto de proxeccións en varios concellos. O programa inclué unha acción de memoria viva, na que alumnado de ensino medio realizará vídeo‑entrevistas aos avós para crear un arquivo audiovisual comunitario.





