
O Concello de Pantón participará un ano máis no programa Cultura no Camiño, que distribuirá 230.000 euros entre noventa concellos galegos para apoiar espectáculos de artes escénicas e musicais durante o verán. A iniciativa desenvolverase entre o 15 de xuño e o 31 de agosto e permitirá contratar producións profesionais de teatro, danza, narración oral, circo, maxia e música. Os municipios de menos de 20.000 habitantes, como Pantón, recibirán ata o 50% do custo das actuacións, cun máximo de 2.500 euros por adxudicación. O Concello terá a obligación de programar, polo menos, un mínimo de dúas actividades do catálogo dispoñible na plataforma galescena.gal.•





