
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, rexeitou a moción de censura en Lugo e acusou ao PP de usar a cidade como “campo de xogo” político. Asegurou que a iniciativa responde a intereses partidarios e non ao ben da cidadanía.
Pontón advertiu de posibles “pactos escuros” e cuestionou a operación apoiada nunha concelleira tránsfuga. Tamén sinalou que “non todo vale en política” e reclamou respecto á vontade expresada nas urnas pola veciñanza lucense.•





