
Xubilados de Adif e Renfe volveron verse as caras a pasada semana nunha xuntanza celebrada no restaurante Don Manuel, en Monforte. Entre conversas, anécdotas e lembranzas, reviveu o espírito dun sector que marcou a identidade da cidade. O encontro serviu para compartir vivencias e poñer en valor un pasado ferroviario que segue moi presente na memoria colectiva.





