O pleno de Ribas de Sil aprobou o 29 de abril os orzamentos municipais para 2026, que ascenden a 2.033.300 euros, converténdose nos máis elevados da historia do concello. As contas supoñen un incremento notable respecto ao exercicio anterior e inclúen investimentos por máis de 823.000 euros procedentes de distintas administracións e fondos europeos.
Entre as principais actuacións figuran melloras en estradas e pistas, a creación dun espazo de lecer na Horta do Cura un espacio de lecer con mellora da accesibilidade, construcción de cancha de fútbol, arranxo da fonte, zona de barbacoas e parque biosaudable. e novas dotacións municipais. Ademais, prevese a rehabilitación de inmobles públicos e actuacións vinculadas ao obradoiro de emprego en fontes e instalacións locais.
Como novidade, o Concello asumiu a xestión cautelar de varios montes veciñais, incorporando recursos para investimentos no propio territorio. Tamén se recolle a creación dun parque nas proximidades da residencia da terceira idade.
Na sesión tamén se abordou o inicio dos trámites para declarar de utilidade pública a construción dunha depuradora en San Pedro. O goberno local destacou que o plan se executará sen débeda.•





