A Xunta resolveu a convocatoria de axudas destinada ás Agrupacións de Voluntariado de Protección Civil, da que se beneficia a AVPC de Sober xunto con outras entidades da provincia. O delegado territorial, Javier Arias, explicou que estas achegas permiten cubrir gastos de equipamento, material funxible, e formación do persoal voluntario, ademais do mantemento das bases e dos medios empregados nas intervencións.
Na zona sur resultaron apoiadas as agrupacións de Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, O Saviñao e Taboada. Arias lembrou que estas axudas se complementan coa liña específica para dotación de material de emerxencias e coa formación impartida pola Academia Galega de Seguridade Pública.•





